Evento: Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos
Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos
venres, 20 decembro, 2024 a sábado, 21 decembro, 2024
Salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos.,
Ourense Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos
No ano 1924, Benito Saburido, no lugar de Vilariño atopou de forma casual a coñecida como arracada de Vilar de Santos. Foi dada a coñecer en 1939 por Florentino López Cuevillas e dende 1978 forma parte da colección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Con motivo do centenario deste achado o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense xunto co Museo da Limia organiza unha exposición pública da arracada os días 20 e 21 de decembro no Museo da Limia en Vilar de Santos, e unha xornada cunha serie de intervencións que contextualizan esta peza, o venres, 20 de decembro ás 18.00 h, no salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos.