Evento: Apaga o candil
Apaga o candil
Noite de Luar. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home miúdo e melancólico. É o personaxe d’O Xestal. Cun candil na man, vestido de repoludo gaiteiro rosaliano, sáelle ao paso un mozo novo e garrido. É a morte. O Xestal négase a recoñecer a morte en tan atípica fasquía. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles unha dinámica e amena tirapuxa na que se entreverán os episodios máis significativos da vida d’O Xestal con algún dos seus contos máis divertidos.
Autoría e texto: Cándido PazóDirección: Cándido PazóElenco: Avelino González e Toni SalgadoEspazo sonoro e musical: Xurxo Souto e Richi CasásIluminación e técnica: Miguel Cabaleiro e Afonso CastroEscenografía: Pablo Giráldez «O Pastor»Vestiario: De CotíoAsesoría no baile: Chus CaramésCartel: Juan GendeTécnico de gravación: Tomás Ageitos
Idade recomendada: > 10 anosDuración: 75 minLingua: galegoPosfunción ao remate do pase do 9 de maioFoco Memoria en escena