Evento: As desterradas

As desterradas
xoves, 6 marzo, 2025 a venres, 7 marzo, 2025
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

As desterradas

No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e am...

No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e ameazadas por todos os medios, dende o tribunal da Inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos. 
A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco que conforman Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira, iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.

 
Autoría: Carme VarelaDirección: Quico CadavalElenco: María Costas, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira.Espazo escénico: Laura Iturralde e Quico CadavalEspazo lumínico: Laura IturraldeDeseño de vestiario: Celia SineiroEspazo sonoro: Piti SanzVídeo: Sonia GarcíaAxudante de dirección: Mon SerodioDeseño gráfico: Javier de la RosaFotografía: Sabela EirizXefe de produción: Rubén G. Pedrero
Idade recomendada: > 13 anosLingua: galegoPosfunción ao remate do pase do 7 de marzo Foco Creadoras de escenaFoco Memoria en escena
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade