Evento: Festa da filloa
Festa da filloa
“Vés das mans das avoas das nosas avoas,
moi ilustre señora, filloa, vella amiga,
fino corpo lixeiro,
leite e fariña triga,
para ti a nosa festa, para ti as nosas loas.
Se con mel ou con azucre, toda amor, te nos doas, é
xusto que adozada a nosa lingua diga
por mellor festexarte tamén unha cantiga
en Muimenta onde hoxe raíña te coroas”.
Así comeza a “Oda á filloa”, que compuxo a veciña de Cospeito Marica Campo para enxalzar unha das máis afamadas mostras da repostaría tradicional galega, esa sobremesa que noutros lugares se chama crêpe e que en Galicia recibe o nome de filloa ou freixó. Na parroquia de Muimenta, por iniciativa dos empresarios da zona, celébrase desde 1992 unha festa gastronómica na súa honra., coincidindo co Día dos Traballadores, o 1 de maio.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular