Evento: AÍ VEN O APALPADOR - ESPECIAL NADAL

AÍ VEN O APALPADOR - ESPECIAL NADAL
domingo, 15 decembro, 2024 - 18:00
Auditorio Manuel María,
O Carballiño

AÍ VEN O APALPADOR - ESPECIAL NADAL

Espectáculo de música a cargo de A Gramola Gominola

CHEGA A FESTA DO NADAL COA GRAMOLA GOMINOLA E O SEU NOVO ESPECTÁCULO “AI VÉN O APALPADOR - ESPECIAL NADAL” 

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo.

A banda está composta por Paco Cerdeira (Pakolas, Zënzar), Paula Romero (De Vacas, banda de Guadi Galego, Coro  Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (S4N7, Nebra, Wealman). 

O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!  

Son Premio Martin Códax da Música 2018 de música infantil e teñen tres discos publicados coa Editorial Galaxia. 

Neste espectáculo poderemos gozar das mellores cancións gramoleiras do Nadal e celebrar con cada baile, rir co seu humor e corear os retrousos máis apegadizos. Desfrutaremos cantando as cancións do 

"Apalpador" ou "Rap Metal do Nadal" e tamén os grandes éxitos que xa non poden faltar nun concerto da Gramola.

GORXAS, CORNOS e CRISTAS PREPARADAS PARA ESTE ESPECIAL NADAL!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Go home
3 de maio, 19:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
O dragón de ouro
3 de maio, 20:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña
Mulleres que viven soas
4 de maio, 19:00
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Moby Dick
9 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña