Evento: Soños

Soños
venres, 28 febreiro, 2025 - 19:00
Fórum Metropolitano,
A Coruña
Espectáculo de teatro a cargo de Artefeito

Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. 

Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil. Soños é unha peza dirixida por Támara Canosa, escrita por Fernando Epelde e representada por Victoria Pérez, Anxo Outumuro e Sara Ferro. Un gran equipo de profesionais para realizar a primeira obra que aborda a realidade da mocidade en risco de exclusión cunha posta en escena chamativa e un estilo cru e directo.

A obra está creada pola unión de Artfeito con Igaxes, entidade especializada no traballo con menores en risco de exclusión, e con Culturactiva. A unión de forzas e de sinerxías de calidade está presente tamén detrás do telón para achegar unha peza única.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
23 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Helen Keller, a muller marabilla?
23 de maio, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Fagamos o humor
23 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña