Evento: A bruxa Maruxa non quere ser bruxa
A bruxa Maruxa non quere ser bruxa
mércores, 25 setembro, 2024 - 17:00
Biblioteca Pública Municipal Rodríguez Fraiz,
Cerdedo-Cotobade A bruxa Maruxa non quere ser bruxa
Actividade do programa Ler Conta Moito con Batucado y Emusin
Texto de presentación da actividade
"A bruxa Maruxa non quere ser bruxa", quere ser contiñeira. Filla, Neta e Bisneta de Bruxas, esta rapaza irá contando a súa historia á vez que introduce no diálogo contos da literatura galega e algunhas cancións populares. Ademais, buscará a participación activa dos asistentes na repetición das cantigas, meigallos e na narración dos contos.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (6 a 10 anos)
Duración
45 minutos
Sesións
- Sesión única: 25/09/2024 - 17:00
Lugar de celebración
Biblioteca Rodriguez Fraiz de Cerdedo