Evento: Macroactuación organizada pola Casa do Rock

Macroactuación organizada pola Casa do Rock
domingo, 22 setembro, 2024 - 16:00
Monte do Gozo,
Santiago de Compostela

Macroactuación organizada pola Casa do Rock

A escola de música A Casa do Rock poralle o ramo ao festival Go!Go!Zo!

A macroactuación organizada pola Casa do Rock inclúe versións en galego de temas míticos do rock de sempre, peneirando por exemplo pezas de Steppenwolf, Green Day ou Imagine Dragons.

No encontro, no que xa se prevén máis de medio milleiro de asistentes, pode participar calquera persoa, tanto cun instrumento como coa súa voz. O único requisito para facelo é inscribirse no web oficial da escola e descargar as partituras.

Para alén do macroencontro, o evento ofrece unha actuación de combos musicais, na que ata ben entrada a tardiña sete grupos noveis galegos lle amosarán ao público as súas creacións e o seu talento: Rocke Experience, The Ages, Hombres Hell, QDL, ParaZmol, Rexoufeiros e D-buxos.

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense