Evento: Planeta LGTBIQ

Planeta LGTBIQ
venres, 28 xuño, 2024 - 18:30
Casa da Cultura ,
Corcubión

Planeta LGTBIQ

Espectáculo de Teatro a cargo de Caxoto

O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ó mesmo, as familias teñen sempre os mesmos compoñentes, ... Cando un M’burrido ven de expedición intergaláctica ó noso Planeta Terra, observa que aquí nos gusta moito a diversidade, ... e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: Hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, con dous pais, familias monoparentais, ... 

O que nun comezo lle parece ao estrano ET desorden e caos acaba convertíndose en riqueza cultural e sensación de fresca liberdade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Costureiriña bonita, de Cris Collazo
7 de setembro
Praza do Concello
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
27 de setembro
Auditorio Municipal Hernán Naval
Xeografía do imaxinario: contos, versos e lendas de Galicia
17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal