Evento: XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
Un ano máis, o Museo estrea un novo ciclo de "Música para unha época", ciclo que combina música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.
Estas son as datas e o resumo do programa. Pódese ver máis información polo miúdo do programado para cada día nesta ligazón. Todos os concertos poden ser seguidos en streaming pola canle de Youtube do Museo.
- Domingo 28 de abril: O século XVIII
Concerto: Balder Dúo (violines)
Visita guiada: Pintura e escultura do século XVIII
- Domingo 26 de maio: O final do século XIX
Concerto: Dúo Calabuig-Blasco (viola e piano)
Visita guiada: A Xeración Doente
- Domingo 2 de xuño: Unha ollada á creación musical feminina para piano
Concerto: Sophia Hase (piano)
Visita guiada: Mulleres pintoras
Máis eventos de tipo Concerto