Evento: Orgullo da nosa lingua
Orgullo da nosa lingua
Orgullo da nosa lingua
Exposición sobre o galego
A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en maio e xuño a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boiro, Cambados, Ribadeo e Betanzos.
A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.
A través dun código QR, os viandantes tamén poderán interactuar desde os seus móbiles e participar no sorteo de distintos premios (entradas, lotes de libros, cadernos...).
Máis eventos do ciclo FalaRedes

25 de maio, 12:00
Alameda Rosalía de Castro (Chapela) - Redondela - Pontevedra

25 de maio, 17:30
Salón de actos do Multiúsos - Santa Comba - A Coruña

25 de maio, 18:00
Edificio Multiúsos - Monforte de Lemos - Lugo

30 de maio, 17:30
Salón de actos do Concello - Carnota - A Coruña