Evento: 'Made in Galiza' de Séchu Sende

'Made in Galiza' de Séchu Sende
venres, 10 maio, 2024 - 12:30
Auditorio Casa da Cultura,
Padrón

'Made in Galiza' de Séchu Sende

Presentación do libro que reflexiona sobre o galego

Unha obra que abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove.

Made in Galiza transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido, con pouso. Un xeito de seducir en cuestións de lingua, non de impoñer nada a ninguén.

En Made in Galiza podemos topar un mosaico de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións e unha palabra común. Tamén grupos de personaxes moi diferentes, un ladrón de palabras, mozos namorados, homes e mulleres desorientados, unha vendedora de palabras... A peza converte temas complexos en experiencias accesibles para todo o mundo e a verdadeira protagonista da obra é a actitude das persoas falantes respecto da súa propia lingua. No centro da súa obra, Sende coloca a defensa da lingua galega e a fe do poder transformador da palabra.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Enredadas
4 de xullo, 21:30
Carballeira da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
Enredadas
6 de xullo, 18:00
Casa da Cultura - Viana do Bolo - Ourense
Enredadas
11 de xullo, 20:30
Auditorio Municipal - Arteixo - A Coruña
O rianxeiro
12 de xullo, 12:00
Auditorio Municipal - Rois - A Coruña