Evento: Hábitats. Naturaleza extendida

Hábitats. Naturaleza extendida
martes, 5 decembro, 2023 a domingo, 19 maio, 2024
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Hábitats. Naturaleza extendida

*/Hábitats. Natureza estendida/* é unha experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta Terra, nunha viaxe polos cinco continentes. Combinando nunha única capa os mundos fís...

Hábitats. Natureza estendida é unha experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta Terra, nunha viaxe polos cinco continentes. Combinando nunha única capa os mundos físico e dixital, Hábitats transpórtanos, sen saír do Museo Centro Gaiás, por nove destinos nos que poderemos convivir e interactuar con animais e plantas recreadas con gran realismo grazas ás tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada.
Accesible a partir dos 9 anos de idade, a instalación está deseñada como unha experiencia inmersiva de realidade mixta, isto é, que combina compoñentes de realidade virtual e aumentada con escenografía e elementos ambientais. Coas lentes postas, a arquitectura da Cidade da Cultura non desaparece, senón que sobre ela xorde algo máis. Carlos Seijo, director do estudo galego Maxina, especializado en efectos visuais, animación e contidos inmersivos, é o responsable da idea conceptual e desenvolvemento do proxecto. 
Hábitats. Natureza estendida ofrece unha natureza inspiradora, transcendente e dun poder plástico vibrante, permitindo explorar de maneira segura lugares inaccesibles, facendo visible o invisible, e incluso traendo de novo á vida especies xa extintas. Unha nova e emocionante maneira de entender a complexidade inherente aos ecosistemas e á vida no noso planeta, así como a capacidade de influír neles que ten o ser humano.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións