Evento: Chichi e mais eu

Chichi e mais eu
mércores, 14 febreiro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Chichi e mais eu

Proxección do documental

Proxección do documental “Chichi e mais eu” sobre a vida de Xesús Campos Álvarez, coñecido como Chichi Campos, autor homenaxeado no Día da Ilustración de este ano. Agasallarase un exemplar do libro Estampas do mundo elegante de Xesús Campos ás persoas que asistan (ata esgotar existencias).

CHICHI E MAIS EU (2023). Nico Campos
España / 98 min / Documental / Galego, castelán

Sinopse:

Cando alguén morre, sempre quedan preguntas sen facer. Aquí percorremos a vida e a obra de Xesús ‘Chichi’ Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. En definitiva, unha das figuras máis esquecidas da cultura galega. E é que, cando morreu, deixou un fillo que só tiña once anos e moitas preguntas que, trinta anos despois, responde neste documental.

Nico Campos (Santiago de Compostela). Traballou maioritariamente na tele e en series de ficción. Chichi e mais eu é o seu segundo documental despois de Toñito Blanco: Só, perdido e vicioso, que forman unha biloxía tremendamente específica sobre figuras da cultura galega desaparecidas na década dos noventa antes de cumpriren corenta anos.

 

Ficha artística:

Nico Campos, Mariqui Campos, Mary Campos, Paloma Campos, Tata Campos, Luís de Llano, Víctor Barús, María Ripoll, Xosé Díaz, Antón Mascato, Pepe Carreiro, Concha Lago, Jacobo Bermejo, Ángel Ezama, Suso Iglesias, Manuel Manquiña, Antonio Durán “Morris”, Ricardo Rodríguez, Piedad Cabo, Eric Campos

Ficha técnica:

Dirección: Nico Campos Guión: Nico Campos, Marcos Estebo, Ana Ponte Fotografía: Pablo Fontenla Música: Oscar Avendaño. Gravada e producida por Paco Serén en Eclipsis Studios Produción: Mónica Ares, Gaspar Broullón, Nico Campos Edición: Emilio Carral

 

Ao remate da proxección, teremos un coloquio con Nico Campos, director do documental e fillo de Xesús "Chichi" Campos.

No salón de actos da biblioteca. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Eureka
15 de outubro
Filmoteca de Galicia
Música
16 de outubro
Filmoteca de Galicia
Una canta, otra no
16 de outubro
Filmoteca de Galicia
Una canta, otra no
17 de outubro
Filmoteca de Galicia