Evento: Gracias por venir, homenaje a Lina Morgan

Gracias por venir, homenaje a Lina Morgan
venres, 1 marzo, 2024 - 20:00
Auditorio Municipal,
Vigo

Gracias por venir, homenaje a Lina Morgan

Espectáculo teatral a cargo da compañía Iago Regueiro

"Gracias por venir" é unha comedia que rende homenaxe á mellor cómica do século XX, nosa querida Lina Morgan.
Na axencia artística O Barco, dirixida por nosa Vedette Marian, que traerá da súa man a sensualidade, a picardía e un espléndido vestiario de plumas e abelorios. Ramy, a protagonista, faranos un despregamento de toda a súa faceta humorística nunha comedia de enredo onde verá perigar a súa relación de toda a vida. 

Cancións como "Yo soy la Vedette" "La chica del diecisiete" , ou a mítica  "Gracias por Venir" , traerannos á memoria o mellor repertorio do xénero da Revista musical española.
Volve o mellor humor de sempre onde tres grandes actores farannos rir sen parar con esta comedia escrita por Cari Antón. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra