Evento: O método Grönholm
O método Grönholm
O método Grönholm
Espectáculo teatral da compañía Talía Teatro
Autor: Jordi Galcerán
Dirección: Xulio Lago
Elenco:
Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo
O método Grönholm é un xogo, si. Un xogo constante entre verdades e mentiras. Tal vez, un xogo un pouco perverso, pois as emocións e os sentimentos das personaxes son manipulados e sacudidos sen pudor nin compaixón algunha. Algo que resulta escandalosamente normal na sociedade contemporánea.
Este espectáculo forma parte da programación Cultura no Camiño, que leva teatro, música, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.