Evento: Diversión con cartón
Diversión con cartón
venres, 1 decembro, 2023 - 17:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Diversión con cartón
Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas entre 4 e 7 anos que queiran facer unha decoración de Nadal con cartón. Mediante a creación de deseños sinxelos os/as participantes poderán fomentar a súa creatividade decorando figuras que servirán para adornar no seu fogar durante a época de Nadal.
Esta actividade, ademais de ser divertida, contribúe a desenvolver moitas destrezas e habilidades como:
- Desenvolvemento da coordinación óculo-manual.
- Motricidade fina.
- Habilidades de secuenciación.
- Habilidades espaciais.
- Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos
- Data e hora: venres, 1 de decembro de 17:00-18.30 h.
- Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 22 de novembro ás 9:00 h.
Ligazóns