Evento: Uxía Trío

Uxía Trío
sábado, 18 novembro, 2023 - 20:00
Multiusos da Xunqueira,
Redondela
Espectáculo de música a cargo de Uxía

"Uxía Trío" é un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito do camiño nos seus máis de 35 anos de carreira nos que renovou a música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas.
Ademais do seu trabalho, Uxía-o, dedicado ao poeta da montaña, Uxío Novoneyra, tamén se aproxima á música tradicional de Galiza e Portugal e a unha nova lectura da rica obra do Zeca Afonso, un exemplo e un modelo de como combinar as raíces e unha linguaxe propia.
O compromiso e a beleza, o lirismo e a realidade. 

Acompañada por Sèrgio Tannus e Santiago Cribeiro, no repertorio musical de "Uxía Trío" faise un percorrido pola poesía galega máis comprometida e clásica, Manuel María e Rosalía de Castro, aos que Uxía dedicou tres traballos discográficos. 

A temática moi présente no seu traballo é o diálogo entre culturas, a defensa da identidade lingüística e a procura dun espazo para a voz da muller.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra