Evento: Qualia
Qualia
Epectáculo de danza a cargo de LAD Dance Company
No noso día a día creamos lugares onde sentirnos seguros, tranquilos e arroupados. Temos unha idea preconcebida desta "zona de confort" como un refuxio inalterable, onde nada nin ninguén pode entrar. Sen embargo, a realidade é outra. A enerxía das persoas pode influir neste lugar alterándoo de diversas formas. En Qualia exploramos esta inestabilidade dende o noso lado máis humano. O escenario convértese nun campo de batalla e, no seu centro, un lugar iluminado onde atopar esas sensacións que tanto anhelamos. Catro bailaríns serán os encargados de remover esa enerxía para demostrarnos que nada é o que parece.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra

8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña

14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra