Evento: Ourense. Anos 20
Ourense. Anos 20
Como parte da exposición recentemente inaugurada polo Museo Arqueolóxico de Ourense, “Ourense. Anos 20”, realízase un ciclo de conferencias que permiten afondar nos aspectos que se reflicten no discurso expositivo, de xeito que, farase fincapé na sociedade, a industria, a cultura ou a sanidade.
Levaranse a cabo todos os martes do mes de outubro, no “Centro Municipal José Ángel Valente”.
26 de setembro: “Política e sociedade no Ourense dos anos 20”. Xulio Prada Rodríguez
3 de outubro: “A vida cultural no Ourense dos 20: entre a vangarda e a identidade”. Afonso Vázquez-Monxardín Fernández
10 de outubro: “A industria na cidade de Ourense nos anos 20”. Ana Malingre Rodríguez
17 de outubro: “A muller no contexto ourensá do primeiro terzo do século XX”. Rosa Cid Galante
24 de outubro: “Sanidade e saúde pública no Ourense dos anos 20”. David Simón Lorda