Evento: Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros
sábado, 29 xullo, 2023 - 12:00
Museo Massó,
Bueu

Atando cabos. Nós mariñeiros

Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó

Dirixido a nenas e nenos dende oito anos (e menores acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrique.

Explicaranse a súa orixe e aplicación, e cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Sen cantareiras non hai foliada
12 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contos para arrollar un enxame
20 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Bordado literario: As cantareiras
21 de maio a 22 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés