Evento: Anxo Araújo
Anxo Araújo
O compositor e músico pontevedrés Anxo Araújo retrata historias de anhelos e decepcións cun filtro de feliz tristeza para convertelas no eixo imaxinario das dez cancións seleccionadas neste primeiro disco que crece con cada escoita, aproximándose á órbita de traballos imprescindibles do pop galego. Un descubrimento considerable. (MONDOSONORO) Plan de urbanismo para un novo couto mixto é o primeiro traballo de estudo en solitario de Anxo Araújo. Dez fermosas cancións que nos inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas. Música feliz para tempos de crises, ou en palabras do propio Anxo «Un aprender a bailar deixando marchar a rabia acumulada. Unha absoluta liberación». O disco foi gravado e mesturado no estudo Unha Casa Calquera (Poio) e masterizado por Victor Garcia en Ultramarinos (Costa Brava / Barcelona). A banda presenta este traballo en espazos tan interesantes como o Teatro Colón (A Coruña), Festival Surfing the Lérez (Pontevedra) ou o ciclo Atardeceres non Gaiás (Cidade dá cultura).
Máis eventos de tipo Concerto