Evento: Smile
Smile
Smile son orixinarios de Getxo, onde entre onda e onda gravaron o seu primeiro disco Painting the sun one colour, editado en 2007 con dez temas propios, alegres e positivos, con influencias da Costa Oeste 70s. O seu single Happy People empeza a darlles a coñecer a nivel nacional e chegan a compartir escenario con artistas como Wilco, Waterboys ou Sunday Drivers.
O seu segundo álbum All Roads Lead to the Shore (2011) xa posúe un son máis rockeiro ao incorporar un segundo guitarrista, e no álbum colaboran músicos de gran prestixio como Johnny Kaplan ou Neal Casal. Este disco deulles a coñecer a público e medios polo seu potente directo e o seu primeiro single Do as I want. En 2012 editaron Seasides, un EP dixital de cinco temas de son o-fi cos seus respectivos videoclips surfistas que conseguiu unha gran repercusión en redes sociais.
Un ano despois publicouse Out of Season (Warner 2013). Gravado nos estudos de Quiksilver en San Juan de Luz (Francia), o disco está composto por 12 cancións enérxicas pero tamén intimistas, dacabalo entre o rock clásico dos seus anteriores traballos e o neofolk, ao estilo das bandas contemporáneas do outro lado do Atlántico.