Evento: Santi Campillo Power Trío
Santi Campillo Power Trío
Presentación en Formato power trío do novo disco do recoñecido artista murciano Santiago Campillo... acompañado por Oneida James (ex-baixista de Joe Cocker) e Minidrums na batería.
Un dos mellores guitarristas actuais de blues e rock, cun extenso currículum, fundador da banda M-Clan.
O novo álbum en formato CD digipack, leva por título Cadillac Blues. Sen dúbida atopámonos co traballo máis maduro e completo do artista, e cunha das mellores entregas discográficas de blues en español nas últimas décadas.
Se falamos de técnica, atopámonos ante un músico treméndamente versátil, cun estilo que nace do blues e do rock e un filtro baseado na improvisación máis salvaxe e indómita sendo capaz de expresar coa súa guitarra, case falando a través de fraseos e riffs, ata os sentimentos máis profundos. Nos seus inicios viuse influenciado por bandas como Led Zepellin, Deep Purple, Lynyrd Skynyrd, The Allman Brothers Band e de guitarristas de Blues como Freddie King, Johnny Winter, Clarence Gatemouth Brown, Albert Collins e un longo etc. Sintetizando á perfección todas estas influencias, que o levarían a desenvolverse de forma vertixinosa, nunha incrible mestura de estilos, que máis adiante forxarían a súa formación como artista único e con gran personalidade á hora de tocar a súa guitarra.
Máis eventos de tipo Concerto