Evento: Marcho que teño que marchar

Marcho que teño que marchar
sábado, 4 novembro, 2023 - 20:00
Sala Ártika,
Vigo

Marcho que teño que marchar

Espectáculo protagonizado por Bea Campos.

Marcho que teño que Marchar é un emocionante e divertido espectáculo unipersonal protagonizado por Bea Campos. Un momento para a reflexión sobre os roles establecidos, as herencias culturais e as tradicións familiares. Un cesto de historias e segredos de familia feito con mimbres de muller, onde elas son as protagonistas.

Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opción, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola