Evento: Consertasso na horta

Consertasso na horta
xoves, 6 xullo, 2023 - 21:00
Ecoparque de Martín,
O Rosal

Consertasso na horta

Espectáculo de teatro a cargo de Brais das Hortas

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso!

Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao-é o propio!-  e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassosentre guitarrazos, charangazose un lote de instrumentazosmáis. Música e humor para toda a familia.

Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Tavole
14 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025)
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
Somos circo
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
O último que apague a luz
15 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña