Evento: Fillas de Cassandra

Fillas de Cassandra
sábado, 24 xuño, 2023 - 21:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Fillas de Cassandra

Concerto Fillas de Cassandra | Día da Música 2023  

Este ano, no Día da música, embarcámonos nunha viaxe entre presente e pasado con Fillas de Cassandra, que actuarán o día 24 de xuño ás 21 horas na Cidade da Cultura, nun concerto de balde no que interpretarán o seu primeiro disco Acrópole, publicado en febreiro deste ano.
Fillas de Cassandra é un dos proxectos da nova música emerxente máis prometedor do panorama galego. O dúo vigués aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas no canto de tradición oral, pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica.
Pasado pouco máis dun ano da súa formación, Fillas de Cassandra acumulan xa máis dunha vintena de concertos en festivais como o Terraceo, en Vigo, o Ikfem, en Tui, ou o Festivala en Vilagarcía de Arousa. Ademais disto, estas novas promesas son gañadoras do premio Ari[t]mar a mellor música de Galicia e Mellor disco do ano con Acrópole. 
As súas emotivas e desenfadadas composicións logran conectar cun público interxeneracional cun activismo feminista, levándoo nunha viaxe entre presente e pasado ao logo da historia coas heroínas da mitoloxía clásica como protagonistas. O piano e as diferentes percusións apoiadas por bases electrónicas entran nunha perfecta harmonía coas súas coidadas vocais, creando así unha atmosfera única cunha potente sonoridade.
Esta paixón polos mitos antigos vese reflectida no seu nome, o cal colle inspiración do mito de Cassandra da mitoloxía grega, unha sacerdotisa de Apolo que foi condenada a predicir o futuro pero nunca ser crida, o cal para elas representa a situación actual na que as mulleres sempre son cuestionadas.
 

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense