Evento: Selic. Festival da Lectura 2023
Selic. Festival da Lectura 2023
Abre a sétima edición da Selic Festival da Lectura 2023, dirixida de novo por Camilo Franco. A programación desenvolverase, do 9 ao 18 de xuño, na carpa habilitada na Praza da Quintana.
A visita á oferta literaria da carpa –con 24 librarías e editoras– complétase con paseos literarios, recitais, conversas, contacontos ou sinaturas de libros, actividades que se dirixen a todos os públicos.
O Concello de Santiago editou na primeira Semana do Libro de Compostela, no 2017, unha colección de libriños pensados para serviren, dun xeito modesto, de caixa de resonancia para escritores e escritoras relacionados coa cidade. Nesta edición mantén a aposta polo libro e publica novos volumes. Pódense escoitar a versión dalgúns destes relatos na versión audiolibros.
Podes consultar a programación no pdf descargable que atoparás ao final deste evento e tamén podes consultar na web da SELIC
Non perdas esta cita coa literatura en galego!
Máis eventos de tipo Festival