Evento: Wax & Boogie

Wax & Boogie
venres, 16 xuño, 2023 - 20:00
Sala Rouge,
Vigo

Wax & Boogie

Concerto de blues.

Wax and Boogie son un dos mellores e máis valorados grupos do panorama musical do blues, rythm and blues e Boogie woogie. O trío formado pola vocalista Ster Wax, David Giorcelli ao piano e Reginald á batería, levarán á Sala Rouge de Vigo o mellor do blues, soul e rock internacional.

Os seus concertos en directo aseméllanse á pura esencia da adrenalina que pasa directa ao corazón. Wax and Boogie fascinará ao seu público cun espectáculo íntimo e apaixonante, no que non poderás quedarche quieto sen escoitar e bailar os seus temas.

Os artistas son capaces de capturar a música tradicional afroamericana e convertela nun estilo único e inigualable, un propio medio de expresión a través do cal dominan a música con facilidade e confianza. O grupo destaca polo amplo e variado dominio da música negra, apreciable nas súas composicións.

  • Wax & Boogie - Video Clip Oficial "Honey Rum"

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello
Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira