Evento: Unha noite no muíño
Unha noite no muíño
Unha noite no muíño
Espectáculo para público familiar
Dirección e interpretación: Caxoto (A trastenda dos contos)
Recomendado para nenas e nenos de 4 a 10 anos
Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleita, a malla, ir ao muíño moer... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.
Neste espectáculo Caxoto fará un percorrido por esas tradicións, contaranos como se divertían as nosas avoas e avós e converterá o museo nun local de baile improvisado onde escoitaremos muiñeiras, agarrados ou pasodobres ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón... e quen sabe? ... cun pouco de sorte incluso aprenderemos a bailar unha sinxela muiñeira.