Evento: O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea
O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea
O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea
Xornadas organizadas por Luneda Producións e apoiadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Reúne un conxunto de eventos de aprendizaxe e de experimentación sobre o patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.
O sábado 10 de xuño o primeiro evento será "Escoita: verde loureiro", ás 11:00 horas, un roteiro polo Parque de Vistalegre acompañadas da bióloga Cristina Fuentes e do pandeireteiro Gabi Reboredo. "O arquivo galego de Alan Lomax" ou "Escoitar a casa" serán outras actividades ao longo do día.
Ligazóns