Evento: O que non se escribe- L-R
O que non se escribe- L-R
O que non se escribe- L-R
Concerto de rock e blues.
Da tradición musical asturiana ao rock e o blues, da investigación etnográfica á improvisación instrumental, L-R, o dúo formado por Leticia González e Rubén Bada, é un dos proxectos máis persoais da escena folk actual. O seu “post-folk asturianu”, como elas mesmas definen o seu estilo, baséase no folclore da súa terra, unindo con naturalidade as pandeiretas e ás guitarras eléctricas. L-R entenden a música tradicional como unha paixón e un ben inmaterial que se transmite e modifica, que pode (e debe) experimentar novas aportacións creativas. A través desa experimentación, abren un mundo simbólico ao oínte, configurando así unha comunidade sensible e claramente transfronteiriza.
Ligazóns