Evento: De humani corporis fabrica
De humani corporis fabrica
De humani corporis fabrica
Proxección da película francesa de Lucien Castaing-Taylor e Verena Paravel.
Hai cinco séculos, o anatomista Andrés Vesalio abriu o corpo humano á ciencia por primeira vez na historia. Hoxe, De humani corporis fabrica abre o corpo humano ao cinema. Revela que a carne humana é unha paisaxe extraordinaria que só existe a través da mirada e a atención dos demais. Como lugares de coidado, sufrimento e esperanza, os hospitais son laboratorios que conectan todos os corpos do mundo.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual