Evento: Festival Vive Nigrán: Nada Surf

Festival Vive Nigrán: Nada Surf
venres, 30 xuño, 2023 - 21:30
NIgrán,
Nigrán

Festival Vive Nigrán: Nada Surf

Concerto de rock alternativo.

Nada Surf é unha banda de rock alternativo formado en 1992 en Nova York, integrado por Matthew Caws (guitarra e voz), Daniel Lorca, (baixo e voz), Doug Gillard, (guitarra) e Ira Elliot (batería e voz). A banda obtivo o seu recoñecemento mundial grazas a «Popular» do álbum High/Low (1996).

O grupo formouse en 1992  con Matthew Caws, Daniel Lorca e outro batería, que abandonou o proxecto tras a gravación das demos para o primeiro disco, High/Low. Este foi substituído por Ira Elliot, exbatería de The Fuzztones, consolidando así a formación que se mantén ata hoxe.

Matthew Caws pertence a unha familia de profesores universitarios, e fala varios idiomas. A súa formación universitaria obsérvase na calidade das súas letras. Durante os tres primeiros discos da banda utilizou sempre guitarras Gibson Lles Paul e ningún pedal de efectos.

  • Nada Surf – Popular (Official Video) [Remastered in HD]

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos