Evento: O coro ¿Para qué serve a traxedia?
O coro ¿Para qué serve a traxedia?
Un Coro popular formado por persoas de diferentes profesións, xéneros e xeracións decide reescribir os catro movementos que compoñen a 9ª Sinfonía de Beethoven. Unha sorte de Corifeo que coñece as regras do escenario, axúdalles coa partitura e os movementos escénicos. Non queren usar instrumentación, só as súas voces faranse cargo da nova partitura experimental. Durante os ensaios o grupo fala sobre as traxedias, os temores e as problemáticas da sociedade actual. Non chegan a ningunha conclusión Para que serve a traxedia? En realidade, o que buscan é entender a cabeza e o corpo de Beethoven, a xordeira implacable que lle illaba por completo do mundo, e o seu desexo de liberar á humanidade de algo, talvez da traxedia.
Máis eventos de tipo Concerto