Evento: Francisco Fernández del Riego: unha idea de Galicia e da liberdade

Francisco Fernández del Riego: unha idea de Galicia e da liberdade
martes, 16 maio, 2023 - 20:00
Varios espazos,
Nigrán

Francisco Fernández del Riego: unha idea de Galicia e da liberdade

Serie de actos na honra o autor a quen este ano se lle adican as Letras Galegas.

Nigrán, 11.05.23.- Francisco Fernández del Riego, veraneante ilustre de Nigrán por elección propia durante 30 anos e que xace en San Pedro da Ramallosa, será o gran protagonista do mes de maio no Concello de Nigrán ao ser o autor a quen se lle adican este ano as Letras Galegas. Con este obxectivo, o Concello de Nigrán inaugurou esta mañá a exposición ‘Francisco Fernández del Riego: unha idea de Galicia e da liberdade’, unha mostra elaborada xunto á Fundación Penzol e a Editorial Galaxia e que estará na entrada da Biblioteca Municipal durante todo o mes e que, a través de 8 paneis, plasma toda a súa biografía dun xeito ameno. No acto intervíu precisamente Xosé Manuel Soutullo, director da Fundación Penzol; Carlos Meixome, fundador do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e promotor de Del Riego como o primeiro fillo adoptivo de Nigrán no 2002; e Juan González, alcalde de Nigrán e tamén fundador do IEM. Como sucedeu nas Letras Galegas do 2017 con Carlos Casares (veciño de Vilariño e enterrado en San Fiz) o Concello de Nigrán realizará unha serie de actos durante maio para recordar a figura do seu primeiro e único fillo predilecto.

O Concello de Nigrán, ademais de nomear unha sala da Biblioteca como ‘Francisco Fernández del Riego’, ofrecerá o martes 16 de maio unha serie de actos na súa honra. Así, pola mañá o alcalde depositará un ramo de flores en nome da veciñanza na súa tomba no cemiterio de San Pedro e ás 20:00 horas, xunto á placa adicada a el no areal de Lourido, a nigranesa Lucía Doval ofrecerá un concerto e Teatro do Ar unha pequena obra de teatro, ambas actuacións preparadas ex-profeso para esta homenaxe.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense