Evento: SON Estrella Galicia: Vega

SON Estrella Galicia: Vega
mércores, 21 xuño, 2023 - 20:30
Café & Pop Torgal,
Ourense

SON Estrella Galicia: Vega

Concerto da cantante cordobesa.

Vega é Mercedes Mígel Carpio (Córdoba, 1979). A súa traxectoria profesional comezou en 2003, coa publicación do seu primeiro álbum India, que obtivo un disco de platino en vendas. Xa desde o seu primeiro disco despuntaban as súas composicións: letras especiais e con mensaxe acompañadas de melodías con garra que, inevitablemente, situárona como unha das mellores compositoras do noso país.

Polo seu segundo traballo, Circular, Vega estivo nomeada como compositora revelación nos Premios da Música española e converteuse na banda sonora habitual da exitosa serie española Yo soy Bea. Sería co seu álbum Metamorfosis, en 2009, cando se produce a súa consagración no mundo da música. O seu éxito Mejor mañana foi utilizado en varias campañas de televisión e estivo nos primeiros postos das listas de radio españolas. O seu álbum La Cuenta Atrás, publicado en 2011 deulle o seu primeiro recoñecemento internacional como artista xa que estivo nomeada aos premios Grammy Latinos en 2012 na categoría de Mellor Álbum de Pop/Rock.

  • Vega - Un Golpe

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria