Evento: Sinsal Primavera: Ana Lúa Caiano

Sinsal Primavera: Ana Lúa Caiano
sábado, 20 maio, 2023 - 23:00
MARCO - Museo de Arte Contemporánea,
Vigo

Sinsal Primavera: Ana Lúa Caiano

Concerto da cantante portuguesa.

Ana Lua Caiano explora a fusión musical, a través da combinación de música tradicional portuguesa con música electrónica e sons cotiáns, do día a día. As súas melodías remiten á tradición en unión con sintetizadores, beat-machines e sons tomados da vida cotiá.
O EP Cheguei tarde a ontem atópase entre os mellores Best Releases of 2022 en Portugal, onde foi moi ben recibido polo público e a crítica.

Na  #MUM23, Ana Lua Caiano presentará o seu repertorio anterior xunto coas súas novas cancións, no que sería a súa primeira actuación en España!
Entre loops, bombos, sintetizadores, voz e melodías de teclados, Ana Lua Caiano presenta un espectáculo irreprochable, nunha viaxe da man entre a tradición e a vangarda.

  • Ana Lua Caiano - Olha Maria @ SDB Sessions

Máis eventos de tipo Concerto

Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal