Evento: Travis Birds
Travis Birds
Travis Birds ("Mis Aires Tour") presentou en 2021 o seu novo disco, La Costa de los Mosquitos. Un disco no que podemos asomarnos á habitación de Travis Birds, ao seu mundo interior; unha estancia chea de matices, de cores, de texturas?unha habitación que xera un disco que che remove por dentro dunha forma que consegue erizarte a pel.
La Costa de los Mosquitos é un antes e un despois tras o éxito alcanzado con Coyotes, cabeceira da Serie El Embarcadero e a marabillosa versión xunto a Benjamín Prado de ?19 días e 500 noches de Joaquín Sabina.
Entre 2022 e 2023 atópase presentando singles para terminar lanzando un novo disco dos que merece a pena gozar en directo. Prepárense para iso: chegou Travis Birds.
Máis eventos de tipo Concerto