Evento: Gani Mirzo
Gani Mirzo
Gani Mirzo
O laudista sirio Gani Mirzo presenta Kampo Domîz, un proxecto inspirado no nome dun campo de refuxiados sirios exiliados no Kurdistán iraquí
Residente en España hai xa dúas décadas, Gani Mirzo é recoñecido polo seu labor de investigación musical na fusión de xéneros e tradicións como a música curda, a música xenericamente oriental, o flamenco e o jazz. Acompañado pola cantante alxeriana Neila Bembey e o guitarrista español Juan José Barreda, Gani Mirzo fálanos coa súa música do sufrimento e a dor causada pola guerra e o exilio...
Esta actuación forma parte do programa do Festival de Músicas Contemplativas, que se celebra en espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.
Máis eventos de tipo Concerto