Evento: Escenas do Cambio: Aquellas que no deben morir

Escenas do Cambio: Aquellas que no deben morir
sábado, 6 maio, 2023 - 19:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Escenas do Cambio: Aquellas que no deben morir

Espectáculo de teatro musical.

Aquelas que non deben morrer é un espectáculo que coloca na esfera pública un tema aínda tabú: a morte e a súa xestión privada. Para iso, As Ocas traballan a partir dos imaxinarios (ás veces precarios) que as xeracións novas teñen sobre os procesos de traspaso.

Desde unha perspectiva política e poética, o espectáculo arroxa luz aos abusos da industria funeraria e á capitalización do deceso. Trátase dunha posta en escena a medio camiño entre o teatro documental e a experimentación dos rituais, onde, ademais das performers, interveñen Núria Isern, traballadora do sector funerario e Júlia Sánchez, activista pola soberanía da morte. Aquelas que non deben morrer é unha proposta emancipadora porque permite interromper os relatos convencionais sobre o morrer, unha experiencia teatral que se definiu desde a crítica como ??algo que non podes nomear, pero que cando estás diante diso, sabes que non o viches antes??. Espectáculo gañador do premio Apuntador 2021 e premio Novaveu da Crítica.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto
Praza do Corgo
A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento