Evento: Obradoiro de creación de rosas de papel con libros expurgados
Obradoiro de creación de rosas de papel con libros expurgados
Algunha vez pensaches en dar unha segunda vida aos libros que xa non se utilizan na biblioteca? Temos unha idea incrible para ti! Convidámosche o noso "Obradoiro de creación de rosas de papel con libros expurgados", onde transformaremos os libros que xa non forman parte da colección en belas creacións florais organizado por The book killer.
Non se requiren habilidades previas, só moitas ganas de aprender e explorar a túa creatividade. Coa axuda das nosas bibliotecarias, aprenderás técnicas básicas para crear rosas de papel utilizando as páxinas dos libros e coñecerás os motivos polos que eses libros foron expurgados.
Asegurámosche que crearás flores de papel únicas, fermosas e completamente personalizadas. E o mellor é que estarás a dar unha segunda vida a aqueles libros que doutro xeito poderían ser refugados! Non hai nada máis gratificante que dar vida a algo que xa non se utiliza.
No salón de actos. Actividade dirixida a persoas de 12 a 99 anos. 15 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.