Evento: Contos no Ar
Contos no Ar
Contos no Ar
A cargo de Ramiro Neira
Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.
Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.
Para nenas e nenos de 0 a 3 anos (20 prazas)
Duración: 30 minutos.
Ludoteca
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329