Evento: LA TASTEGGIATA Note rubate. “Razzias” musicais no Barroco

LA TASTEGGIATA Note rubate. “Razzias” musicais no Barroco
domingo, 2 abril, 2023 - 20:00
Estrada de San Lourenzo ,
Santiago de Compostela

LA TASTEGGIATA Note rubate. “Razzias” musicais no Barroco

Concerto enmarcado no programa De Lugares e Órganos 2023 coa intención de continuar a descubrir e revisitar os espazos da cidade e a sua memoria musical nunha programación protagonizada polos órganos de Compost...

O plaxio, a apropiación de ideas alleas, non é algo novo nas artes. Especialmente no Barroco, unha parte esencial da formación dun músico consistía en aprender a adaptar as obras dos seus mestres. Tamén os temas propios era “reciclados” polos músicos a fin de empregalos con diferentes motivos. Ademais, era común na altura a publicación de obras alleas baixo o nome propio doutro artista, de maneira que hoxe dispoñemos de abondoso material para emprender interesantes “especulacións musicolóxicas”, sobre estas “notas roubadas”.
 
Tobie Miller, Eva-Maria Rusche e Marco Ambrosini, tres solistas cunha ampla carreira ás súas costas e gran recoñecemento a nivel internacional, xúntanse neste programa para ofrecer un virtuosístico recital con diferentes instrumentos de tecla, algúns deles cunha longa historia que se remonta á Idade Media e que perdurarían activos ao longo do tempo, penetrando tamén con forza na música tradicional.
 
O concerto terá lugar nun espazo da cidade no que se conserva un valioso órgano histórico do século XVIII, aínda sen restaurar. Este será precedido dunha distendida conversa coas artistas na que teremos ocasión de falar sobre o programa, os seus protagonistas, anécdotas e outras referencias, así como sobre os interesantes instrumentos que nel serán empregados.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria