Evento: Los Mejillones Tigre
Los Mejillones Tigre
Los Mejillones Tigre é un grupo de Xaén formado por Iñaki (voz), Fiti (guitarra), Josete (baixo), Luisma (batería), Dani (guitarra) e Ramón (percusións).
Os compoñentes da banda tamén forman parte doutra coñecida formación xienense chamada Kriptolites.
A súa música é unha saborosa mestura de Boogaloo, Cumbia, Mambo, Rock`n´ Roll, Garage, Psicodélia, Soul, Rythm´n´Blues?sabrosonas cancións que vampirizan o rock máis lisérgico a base de ritmos tropicais creando un vibrante cóctel de contaxioso groove, brillantes temas de ecléctica factura que beben da psicodelia dos anos 70 e conseguen facernos mover o esqueleto coa súa explosiva combinación de rabiosas guitarras eléctricas , tremendos ritmos e redondas interpretacións vocais, alegres e festivas composicións de marcado carácter latino, corazón rock e divertidas letras que che atrapan coas súas frescas amálgamas sónicas e hipnóticos ritmos, irresistibles pílulas musicais amantes da mestizaxe musical que aglutinan a enerxía do rocanrol, a potencia do soul e os ritmos quentes do bugalú para servirnos unha festa sen fin, catro primeiros singles que nos mostran unha banda chea de forza e ritmo que estamos seguros gustarán aos seguidores da psicodelia máis selvática.
Máis eventos de tipo Concerto