Evento: Eva Sierra

Eva Sierra
sábado, 25 febreiro, 2023 - 20:30
Café Cultural Auriense,
Ourense

Eva Sierra

Concerto da cantautora vallecana.

Eva Sierra é o nome da cantautora vallecana que lanzou hai escasos meses o seu primeiro disco en solitario: Intermitente. Pouco antes publicou tamén o disco Que rebenten co grupo do que é cantante e, ás veces, tamén compositora: Tongo.

Eva é dicharachera e resulta difícil estar con ela máis de cinco minutos sen que che sorprenda con algunha idea tola porque ela é así: intermitente, como a súa propia música, pausada e volcánica;de risa fácil e letras que se agarran dentro e non queren saír.

Leva no mundo da música moito tempo e foise abrindo camiño a través de pequenos concertos coa axuda de Iker García, o guitarrista que sempre ten ao seu lado. Colaborou con artistas como Pedro Pastor, Rozalén, A Outra e A Mare. Agora ten a intención de seguir cantando e facendo gozar, aínda que con algúns proxectos máis en mente.

  • Eva Sierra - Creciendo

Máis eventos de tipo Concerto

Catas sonoras
21 de agosto
Museo do Viño de Galicia
THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu