Evento: Pés de lobo. Un lobo na biblioteca

Pés de lobo. Un lobo na biblioteca
sábado, 11 febreiro, 2023 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Pés de lobo. Un lobo na biblioteca

Contacontos a cargo de Anxo Moure

Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar ás nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia nunha aposta polo coñecemento da contorna.

Este espectáculo promove o que deben facer as máis pequenas e pequenos no seu día a día para salvar o bosque dos contos. 

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola