Evento: Harmatán Festival: Odio el teatro

Harmatán Festival: Odio el teatro
martes, 11 abril, 2023 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Harmatán Festival: Odio el teatro

Espectáculo de teatro.

A conxunción de forzas fai posible a sinerxia necesaria para optar a propostas de alto nivel artístico, garantido pola curaduría africana que significa, ademais dunha firma solvente, unha proposta de traballo realizada desde África por África. As creadoras africanas estarán no centro da programación do festival Harmatán en 2023. Un evento que é resultado do labor conxunto das programadoras de varias sedes, que xeraron o corredor cultural para albergar propostas artísticas de máximo nivel procedente do continente africano e as súas diásporas.

Así, En 2023, Hassane K. Kouyaté, comisario da programación artística, convidou a varias das personalidades máis destacadas e experimentadas do panorama artístico feminino de África. Unha escena que se renova continuamente con propostas que poñen de manifesto a loita perseverante das mulleres por levantar a voz e reivindicar un espazo na escena cultural dos seus respectivos países e a escala internacional.

Á luz desta reflexión, presentarase a obra teatral Odio o teatro da compañía Ngoti de Camerún. A coreógrafa e bailarina marfileña Orokiya Koné ponse en escena partindo das súas experiencias persoais para dar renda solta a unha muller libre de cargas do pasado. Así mesmo, Koné contará de viva voz o que transmite sobre o escenario nunha mesa redonda que leva por título Ser muller creadora en Africa. Xunto a ela estará Odile Sankara, Presidenta do festival de teatro máis importante de África occidental, a actriz francosenegalesa Aïcha Maïga, autora do libro Negra non é a miña profesión, e a cantante e actriz afroespañola Astrid Jones.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola