Evento: Bala

Bala
venres, 21 abril, 2023 - 20:30
Sala Rouge,
Vigo

Bala

Concerto de metal e rock.

O dúo galego BALA editou o seu último disco ?Maleza? o pasado 2021. Hai xustamente un ano os medios especializados sinalaban este disco, o seu directo e á propia banda, como parte do mellor que lle pasaba á escena nacional neste país durante aqueles doce meses. A rabia, a intensidade e calidade das composicións creadas por Violeta e Anx traspasaron fronteiras desde hai varios anos. Se as viches en directo, non che caberá dúbida de por que todo o mundo fala de BALA como unha das formacións básicas para entender o underground no noso país.

Agora, tras esgotar as entradas en cidades como Madrid ou Santiago, BALA volven actuar na súa Galicia. Será na Sala Rouge de Vigo e no Praia Club da Coruña. Presentando ?Maleza? nunha das últimas oportunidades de poder ver á banda en Galicia antes de que entren a gravar o que será o seu próximo álbum.

  • BALA - Agitar (OFFICIAL VIDEO)

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove
Concerto
26 de xullo
Albergue de Briallos
Home Orquestra
26 de xullo
Praia fluvial de San Clodio
OS CARUNCHOS - Pasarrúas
27 de xullo
Parque Rosalía de Castro