Evento: A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño

A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño
xoves, 26 xaneiro, 2023 a domingo, 5 febreiro, 2023
Rúa Nova, 34,
Santiago de Compostela

A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño

Pasaron 350 anos desde que Gabriel Feixóo de Araúxo escribise en 1671 A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño. 350 anos e o río segue correndo, separando, ou unindo...

Pasaron 350 anos desde que Gabriel Feixóo de Araúxo escribise en 1671 A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño. 350 anos e o río segue correndo, separando, ou unindo Galicia e Portugal. A peza fala dun tempo e un lugar concreto pero a súa esencia é universal e percorre a historia: as fronteiras, a loita polos recursos e a loita de clases.Nesta historia hai disputa polo dereito a pescar. Hai peixe que non entende de fronteiras e pace onde máis lle presta sen pastor que o guíe. Hai quen tenta valerse do seu poder para levar o que non lle corresponde. Hai quen llo tenta impedir e impídello. Hai disputa. Hai dignidade. Hai quen se avergoña dos seus compatriotas e defende aos da súa clase. Hai mortos. Hai choros. Hai festa. Hai baile. Hai irmandade. Hai fronteiras. Ou non.
+ INFO

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal